fbpx

Por que debo ter unha estratexia de futuro na miña empresa?

Por que debo ter unha estratexia de futuro na miña empresa?

No último ano e medio vimos alterado o noso ritmo de vida a causa da covid-19, pero os avances no proceso de vacinación permiten instaurar, pouco a pouco, unha nova normalidade que contribuirá ao relanzamento paulatino da economía e, polo tanto, dos negocios.

Neste novo contexto, vólvese de vital importancia a planificación empresarial e o deseño de estratexias de acción a longo prazo, preguntándonos cara onde queremos dirixir o noso negocio e cales son os obxectivos nos que a nosa empresa debe centrar os seus esforzoS. Para deseñar unha boa estratexia a longo prazo, un primeiro paso debe ser a definición dunha visión empresarial que recolla cales son as novas áreas de servizos que a empresa pretende explorar, o deseño de eixos estratéxicos de negocio ou unha auditoría sobre a situación de partida da empresa en termos de satisfacción e motivación dos empregados, entre outros exemplos.

Todos estes elementos que conforman a visión empresarial deben servir para establecer unha serie de obxectivos a medio e longo prazo, entre os que se poderían encontrar a exploración de novos mercados ou de novas liñas de negocio, a revisión das liñas actuais e aposible descatalogación dalgunha delas ou unha mellor e máis eficiente segmentación do mercado obxectivo.

Todos estes exemplos serven para facernos unha idea do moito que unha boa planificación estratexia a longo prazo pode axudar ao tecido empresarial galego neste contexto, xa que axudará a encamiñar e orientar mellor os esforzos das empresas e, tamén, a avaliar de mellor maneira  traballo realizado.

En definitiva, nun escenario cambiante pero que abre a porta a moitas novas oportunidades de negocio, dende o programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea, axiña poderás recibir apoios para avanzar nesta estratexia. Permanece atent@ á nosa web!