fbpx

Mellorar o posicionamento da túa empresa é posible cun relanzamento comercial

Mellorar o posicionamento da túa empresa é posible cun relanzamento comercial

Co avance da vacinación contra a covid-19 e a melloría da situación epidemiolóxica, tórnase vital deseñar unha estratexia acertada de relanzamento comercial para a túa empresa, que teña como obxectivo preparar o teu negocio para aproveitar a mellora da economía.

As previsións de Bruselas para este ano sitúan a España cun crecemento do 5,9%, mentres que no 2022 anticipan un crecemento do 6,8%. Estes valores reafirman a importancia de deseñar unha boa estratexia de relanzamento comercial para o teu negocio, xa que aportará unha vantaxe competitiva esencial nos vindeiros meses, posibilitando un mellor posicionamento da túa empresa no sector, un aumento das vendas e unha maior probabilidade de éxito en canto a expansión da túa empresa.

Precisamente por isto, dende o programa Re-acciona axudámoste a prepararte para esta “carreira ao sprint” na busca de recuperar a normalidade. Para conseguilo, os axentes colaboradores de Re-acciona aportan unha metodoloxía de traballo propia:

Asesoramento comercial: Nesta fase prodúcese o primeiro contacto coa empresa e consiste na presentación do servizo que se lle vai a proporcionar e dos beneficios que se conseguirán mediante a transformación da empresa.

-Desenvolvemento do Road Map: Nesta fase avaliarase cal é a situación comercial da empresa e crearase un proxecto de desenvolvemento comercial axeitado, deseñado especialmente para a marca.

-Apoio: Na derradeira fase a empresa porá en marcha o plan de desenvolvemento comercial.

En definitiva, o contexto económico actual brinda unha oportunidade de medrar para aquelas empresas que estean debidamente preparadas, a medida que a situación epidemiolóxica volva a normalidade. O programa Re-acciona está decidido a axudarche a mellorar a preparación da túa empresa a través do servizo de Relanzamento Comercial.

Axiña vas poder solicitar a túa axuda para este servizo. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.