fbpx

Como gaño unha vantaxe competitiva para o meu negocio en tempos da covid-19?

Como gaño unha vantaxe competitiva para o meu negocio en tempos da covid-19?

Debido ás tendencias e cambios que a sociedade leva experimentando dende a aparición da covid-19, podemos observar como neste último ano e medio a demanda da compra en liña, a chegada do teletraballo, ou simplemente os niveis de consumo de entretenemento na internet se dispararon ata niveis nunca antes vistos.

Estes son soamente 3 dos moitos indicadores que nos deixan entrever un cambio nos hábitos de consumo da poboación; cambios que deberían vir acompañados dunha rápida adaptación por parte das empresas que queiran aproveitarse dunha vantaxe competitiva nos vindeiros meses. Como? Pois integrando unha serie de novas medidas en canto as súas estratexias de comunicación e de marketing, centrándose na presenza en liña, na creación de páxinas web modernas, sinxelas para o consumidor e seguras, onde vender os seus produtos, entre outras medidas.

Para iso, o programa Re-acciona conta co servizo de Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme, que che axudará non soamente a aumentar os teus beneficios en canto a vendas, senón tamén a perfilar de xeito máis exacto a que tipo de consumidor te tes que orientar, ou como modificar o deseño dos teus produtos e da súa promoción, pensando sempre nese consumidor obxectivo que máis interesado estará nos teus servizos.

Ademais, unha boa estratexia de marketing non soamente achega beneficios económicos en canto a un potencial aumento de vendas, senón que aporta outros como:

-O posicionamento da túa marca e a creación, e asimilación por parte dos consumidores, dunha serie de valores asociados a ela como poden ser: confianza, seguridade, boa atención ao cliente …

-Ao mesmo tempo, unha boa investigación previa ao deseño dunha campaña de marketing pode aportar luz sobre cales son as principais debilidades do teu negocio para os clientes, converténdose así nunha dobre oportunidade de mellora.

Deste xeito queda claro que, o deseño dunha boa campaña de marketing e de promoción en liña pode ser o empurrón definitivo que precisa o teu negocio para conseguir dar un paso cara o seguinte nivel, mellorando a calidade do teu servizo para os clientes e conseguindo un maior porcentaxe de fidelización dos mesmos e de ventas.

Axiña vas poder solicitar a túa axuda para este servizo. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.