fbpx

Como financio a innovación da miña empresa?

Como financio a innovación da miña empresa?

A innovación xoga un papel cada vez máis importante na supervivencia das empresas. Isto conleva tratar de facer as cousas de forma diferente, tanto na parte máis tecnolóxica, como nos procesos, na forma de traballar e de facer chegar os produtos e servizos aos clientes. Apostar polo camiño da innovación vaiche permitir medrar dende o punto de vista económico.

O programa Re-acciona inclúe un servizo que che vai axudar a conseguilo! Trátase do Asesoramento para o financiamento da innovación, un servizo adaptado ás necesidades e ás capacidades de financiamento da I+D+i de cada peme.

En que consiste? Pois no deseño e na implementación dunha estratexia personalizada de financiamento no ámbito da innovación, que se acometerá trala análise inicial do teu desempeño innovador. Este servizo desenvólvese a través de diferentes fases:

Planificación. Ofrécese formación ós responsables da PEME en relación á metodoloxía e ás ferramentas a empregar.

Análise. Neste caso, o obxectivo é coñecer o desempeño innovador da PEME e outros indicadores vinculados ó seu carácter innovador. Esta análise vaise comparar coas estatísticas oficiais.

Estratexia. A empresa poderá deseñar a estratexia de innovación acorde a un itinerario. Esta estratexia vaise formalizar nun plan de financiamento da I+D+i.

Seguimento. Fai referencia á implementación dos procedementos de recollida de datos necesarios para controlar a execución da estratexia.

Os beneficios que vai conseguir a túa empresa son moitos. Por unha parte, obterás unha carteira de liñas de financiamento da I+D+i ás que presentarte. Ademais, conseguirás unha metodoloxía de recollida de datos sistematizada e estructurada. Outro dos teus logros será unha base de datos de consulta para a captación de toda esa información.

Os beneficios do servizo Asesoramento para o financiamento da innovación van máis alá: disporás dunha nova estratexia de innovación aberta na túa organización e lograrás un posicionamento máis competitivo para os teus produtos innvodares! Podes atopar máis información do servizo neste enlace.

Axiña vas poder solicitar a túa axuda para este servizo. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.