fbpx

Aforrar custes a través da dixitalización

Aforrar custes a través da dixitalización

A dixitalización é un reto que as empresas xa tiñan antes do inicio da pandemia. Avanzar por este camiño ofrece multitude de vantaxas, dende o aforro de tempo en determinadas tarefas, ata a reducción de posibles erros e incluso permite evitar certos gastos.  Hai que ter presente que, ata nos negocios máis pequenos, a dixitalización vainos axudar a tomar decisións baseadas en datos, non en sensacións ou intuicións.

O programa Re-acciona inclúe un servizo que che axuda no proceso, é o de Definición dunha estratexia dixital da empresa, co que podes valorar unha serie de accións a poñer en marcha. Con este servizo vas facer unha análise do teu negocio, avanzarás na detección de oportunidades dixitais e no desenvolvemento dunha planificación do cambio que precisas.

Este servizo inclúe varias accións; entre elas, unha avaliación da madurez tecnolóxica que ten a túa empresa. Por outra parte, realizarase unha clasificación do teu negocio en función do teu nivel de dixitalización actual. Ademais, vaise deseñar unha estratexia dixital e tamén a folla de ruta para que avances na túa dixitalización.

As accións do servizo Definición dunha estratexia dixital da empresa van máis alá. Poderás identificar posibilidades tecnolóxicas concretas así como establecer ferramentas dixitais que se adapten ás túas necesidades e obxectivos.

Un aspecto moi destacado é quen durante a implantación de todas estas solucións, a túa empresa estará acompañada polo axente colaborador de Re-acciona.

Que beneficios obterá a túa empresa? Son varios, pero cómpre destacar o feito de que adquirirás novas habilidades que che van permitir o aproveitamento de oportunidades. Por outra parte, lograrás un aforro dos teus custes, aumentarás a túa rapidez de resposta e, sobre todo, a túa empresa estará plenamente adaptada ó mercado.

Logo de definir esta estratexia, poderás avanzar na implantación do teletraballo con outro dos servizos de Re-acciona: Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade. 

O mundo dixital avanza cada vez con máis forza, queres que a túa empresa evolucione da súa man? Non agardes máis e consulta os detalles de Definición dunha estratexia dixital da empresa, paso previo para a implantación do teletraballo. Axiña haberá unha nova convocatoria do programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.