
29 Mar O departamento financeiro, por que xoga un papel estratéxico?
A información financeira impacta nas decisións da empresa de xeito inmediato pero tamén sobre aquelas outras que o son a longo prazo. O departamento financeiro polo tanto, desempeña un papel estratéxico na organización.
Un dos aspectos destacados polas pemes é que o departamento financeiro non sempre ten un posicionamento acorde á importancia estratéxica da compañía. Segundo un estudio, o 75% dos directivos considera que a rendabilidade é o reto principal das empresas actualmente. Pola contra, o 25% destaca a liquidez como o desafío financeiro prioritario das organizacións.
Neste sentido, o programa Re-acciona inclúe o servizo Mellora da xestión financeira e procura de financiamento, co que recibirás asesoramento no ámbito financiero e de xestión da tesourería da túa empresa. Que che vai permitir? Entre outros aspectos, tomar decisións de xeito eficiente e lograr un desenvolvemento técnico do teu persoal directivo, así como doutros mandos.
O servizo Mellora da xestión financeira e procura de financiamento permitirá identificar a situación financeira na que te atopas para, posteriormente, definir a túa marxe de mellora. A partir de ahí, co servizo implantarás unha metodoloxía concreta de análise e desenvolverás accións concretas. Algunhas delas son a contabilidade analítica, as auditorías internas para a mellora da xestión ou a xestión da solvencia e do endebedamento.
Un aspecto moi importante é que todo isto irá acompañado da preparación do teu equipo administrativo e financiero, para que, deste xeito, as novas prácticas poidan ter unha continuidade no futuro.
Queres que a túa empresa adopte as súas decisións dun xeito máis eficiente? Re-acciona axúdache a logralo! Máis detalles deste servizo, neste enlace.
Axiña haberá unha nova convocatoria do programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.