fbpx

O auxe do comercio electrónico e dos chatbots

O auxe do comercio electrónico e dos chatbots

O comercio electrónico en España e o seu crecemento son imparables. Houbo unha subida media do 20% en sectores como a moda e os aparatos electrónicos ao longo do 2020. Os expertos xa prevén un despegue definitivo do ecommerce para este ano, con moitas plataformas medrando de xeito importante e consolidándose.

Neste contexto, como ofrecer unha boa atención ao cliente? A resposta é sinxela: débese recurrir ás novas tecnoloxías como os chatbots, que están transformando o xeito no que as empresas se comunican cos seus clientes. Outro dato: a interacción das persoas con chatbots incrementouse ata nun 87% durante o confinamento, unha tendencia que se mantivo no tempo e que as empresas están comezando a aplicar nos seus negocios. E é que os chatbots son os mellores aliados das empresas neste novo escenario. O motivo é que xeran confianza e seguridade ao cliente.

Boas experiencias

Ao acceder a unha web, o usuario espera poder contactar de xeito inmediato e poder comezar unha conversa que resolva as súas dúbidas. Hai dúas opción, o chat en vivo, no que unha persoa responde cada interacción do usuario; ou ben, un chat robot, baseado na automatización e no que o usuario conversa cunha máquina. Esta é a opción máis viable para as empresas porque as empresas non sempre teñen recursos para adicar a alguén a tempo completo a atender o chat.

Algúns estudios afirman que un 64% dos clientes prefire solucionar as dúbidas polo chat, antes de chamar ao servizo de atención ao cliente. Por exemplo, se esa persoa accede á nosa páxina web un domingo, de seguro que comezará a conversa co chat e rematará deixando os datos nese espazo, deste xeito, o luns x apoderemos contactar con el.

En definitiva, avanzar na dixitalización da túa empresa abre multitude de ventaxas. Axiña haberá unha nova convocatoria do programa Re-acciona para que poidas avanzar por este camiño!