
09 Mar Cal pode ser o custe dun ciberataque para a miña empresa?
Sabes que un ciberataque á túa empresa, pode provir de calquera parte do mundo? A covid-19 trouxo consigo unha situación de vulnerabilidade e todo negocio debe saber que é necesaria unha estratexia de ciberseguridade. Segundo un estudo de Google, o custe dun ciberataque para unha peme pode rondar os 35.000 euros, ademais de afectar ao prestixio da empresa. Non cres que son motivos dabondo para adicar recursos á ciberseguridade? En calquera momento poden aparecer problemas por colapsos informáticos ou secuestros dos nosos datos, por iso, a nosa empresa debe estar preparada para afrontar casos así.
Como se fai? Con preparación. Por iso, o programa Re-acciona ofrece ás empresas o servizo Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade, que permite obter un plan adaptado a cada negocio. Concretamente, este plan recollerá o investimento necesario e as medidas de seguridade para protexer á túa empresa fronte a riscos cibernéticos. Hai moito máis que copias de seguridade ou antivirus en materia de ciberseguridade!
E é que, realmente coñeces o teu nivel de exposición ante riscos cibernéticos? É imprescindible ter unha fotografía clara dos nosos puntos débiles para posteriormente, poder tomar decisións de que facer, canto investir e en que.
Ademais de dispoñer desta información é necesario que conciencies ós teus empregados en materia de ciberseguridade. Se actúas deste xeito, poderás adoptar medidas urxentes de protección. En definitiva, contarás cunha estratexia de ciberseguridade personalizada, tanto a medio como a longo prazo, con medidas e investimentos. Só deste xeito vas poder reducir as posibilidades de sufrir un ciberataque.
Obtén máis información sobre o servizo Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Permanece atent@, porque moi axiña haberá unha nova convocatoria do programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea, e que inclúe unha oferta de ata 15 servizos diferentes para mellorar a túa competitividade neste novo escenario.