fbpx

Un ano de coronavirus. Como mudou a xestión empresarial?

Un ano de coronavirus. Como mudou a xestión empresarial?

Estamos a piques de cumprir un ano do estoupido da crise do coronavirus. En marzo de 2020 declarouse o estado de alarma e afectou a toda a sociedade. No plano empresarial houbo unha transformación profunda que desembocou no teletraballo, na adaptación das estratexias, no cambio das ideas de negocio e, no peor dos casos, algúns negocios tiveron que realizar ERTES ou definitivamente, pechar. Pero, cales son os cambios máis destacados que houbo na xestión empresarial no último ano?

Reinvención

A crise golpeou con forza moitas empresas. En boa parte delas a saída estivo na reinvención. Redirixir o negocio e adaptarse ás novas necesidades foi a salvación. Neste punto están sectores como o da hostalería, que viu na entrega a domicilio a súa permanencia ou as empresas do sector textil, que reorientaron a súa fabricación e comezaron a producir material de protección, como as máscaras.

Implantación do teletraballo

Unha das principais tansformacións que provocou a covid-19 foi a implantación do teletraballo. Hai moitas empresas nas que nunca se aplicara, e noutras, só dun xeito moi puntual. Esta situación puxo de manifesto unha carencia tecnolóxica que houbo que remendar a marchas forzadas.

Dixitalización

Logo dun ano de pandemia, un dos aspectos dos que máis se fala é a dixitalización. Segundo algúns estudios, o 80% das empresas acelerou este proceso nos últimos 12 meses. De feito, as compañías que contaban unha tecnoloxía adaptable ao novo contexto son as que sobreviviron en mellores condicións. Neste novo escenario cobrou forza a automatización de tarefas, que necesariamente debe ir da man do reforzo da seguridade informática. En definitiva, a crise sanitaria supuxo a aceleración da transformación dixital e empresas máis flexibles.

Permanece atent@, porque moi axiña haberá unha nova convocatoria do programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea, e que inclúe unha oferta de ata 15 servizos diferentes para mellorar a túa competitividade neste novo escenario.