
23 Feb Como levar adiante accións de mellora na miña empresa?
A covid-19 abriu un escenario novo para o tecido empresarial. É a hora facer unha reflexión dende dentro e, quizais, cambiar a nosa rutina de traballo. Para chegar a iso, é fundamental identificar accións que sexan prioritarias e crear equipos para poñelas en marcha. Por outra parte, cómpre deseñar o modelo de seguimento axeitado que permita implantar un plan de acción.
O programa Re-acciona axúdache a poñelo en marcha! Como? A través do servizo Desenvolvemento de plans de acción e plan transversal. Queres saber en que consiste? Pois na mellora da túa xestión e da organización da túa empresa. Pero o servizo vai máis alá! Ofrece formación ó teu cadro de persoal e o resultado vai ser unha maior motivación individual e unha cohesión do teu equipo.
Este servizo, incluido no eixo de Desenvolvemento estratéxico, vaise desenvolver a través de varias fases. A primeira delas é a comunicación coa empresa, posteriormente o axente colaborador ofrecerá un reparto de responsabilidades para poder asignar obxectivos. A continuación, o servizo inclúe un mecanismo de coordinación con reunións, taboleiro de indicadores… Todo para chegar finalmente á posta en marcha do plan transversal e que incluirá un plan de xestión por competencias, de organización e de xestión por obxectivos.
Logra unha mellor organización da túa empresa da man do programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea. Como? Permanece atent@ á nosa web e redes sociais, porque moi axiña haberá unha nova convocatoria para que poidas solicitar este servizo!