
16 Feb Optimizar custes no negocio, a diferenza para sobrevivir á pandemia
O impacto provocado pola pandemia afectou seriamente á liquidez das empresas. Moitas pensan no seu día a día e deixan de lado a planificación, o que se traduce nunha xestión financeira a curto prazo. Cando ocorren situacións inesperadas, as empresas que actúan deste xeito quedan sen capacidade de manobra. Con todo, unha boa optimización da estrutura de custes podería ser a garantía de supervivencia.
Pero, que outros aspectos debes ter en conta no teu negocio? Dende a xestión de custes ata a planificación de investimentos. Todo este proceso vai ser determinante para que as empresas máis afectadas pola crise poidan manterse. En momentos coma este, o feito de dispoñer dunha xestión profesionalizada é máis importante que nunca.
Neste sentido, o programa Re-acciona inclúe o servizo Mellora da xestión financeira e procura de financiamento, co que recibirás asesoramento no ámbito financiero e de xestión da tesourería da túa empresa. Que che vai permitir? Entre outros aspectos, tomar decisións de xeito eficiente e lograr un desenvolvemento técnico do teu persoal directivo, así como doutros mandos.
O servizo Mellora da xestión financeira e procura de financiamento permitirá identificar a situación financeira na que te atopas para, posteriormente, definir a túa marxe de mellora. A partir de ahí, co servizo implantarás unha metodoloxía concreta de análise e desenvolverás accións concretas. Algunhas delas son a contabilidade analítica, as auditorías internas para a mellora da xestión ou a xestión da solvencia e do endebedamento.
Un aspecto moi importante é que todo isto irá acompañado da preparación do teu equipo administrativo e financiero, para que, deste xeito, as novas prácticas poidan ter unha continuidade no futuro.
Queres que a túa empresa adopte as súas decisións dun xeito máis eficiente? Re-acciona axúdache a logralo! Máis detalles deste servizo, neste enlace.
Permanece atent@ á nosa web e redes sociais, porque moi axiña haberá unha nova convocatoria para que poidas solicitar este servizo!