fbpx

Implantar un CRM pode aumentar as vendas ata nun 21%

Implantar un CRM pode aumentar as vendas ata nun 21%

A boa xestión da relación cos nosos clientes adquire cada vez unha maior importancia, xa que dela vai depender a evolución e o crecemento futuro do noso negocio. Neste sentido, o CRM é un programa que nos axuda e que nos ofrece múltiples beneficios, principalmente porque nos permite construir relacións de calidade cos nosos clientes.

Todo isto débese a que os CRM son solucións que permiten realizar un seguimento do proceso de compra así como obter información importante á hora de adoptar decisións na nosa empresa. Segundo datos do estudio “Customer Engagement & CRM”, un CRM pode conseguir que as vendas dunha empresa aumenten unh 21%; polo tanto, calquera empresa debería contar con este tipo de ferramentas e aproveitar ao máximo as facilidades que brindan. Chegados a este punto, cales son as principais razóns polas que debería implantar un CRM?:

-Os negocios que usan estas plataformas conseguen aumentar a satisfacción dos seus clientes

-Os equipos de vendas que contan cun CRM aumentan de xeito notable a súa produtividade

-Repercute de xeito positivo nas campañas de marketing. Dispoñer de toda a información centralizada, posibilita que nos dirixamos ao cliente que desexamos

-Mellora a comunicación interna, xa que o CRM fai que toda a información sexa accesible para tódolos departamentos da empersa.

Tes algunha dúbida da idoneidade dun CRM para o teu negocio?

O programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea, inclúe o servizo Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade, co que podes implantar este sistema. Este servizo forma parte do bloque de Dixitalización, un dos catro grandes eixos nos que se agrupa a diferente oferta de servizos de Re-acciona. Permanece atent@ á nosa web e redes sociais, porque moi axiña haberá unha nova convocatoria para que poidas solicitar este servizo!