fbpx

As canles en liña, salvavidas para as vendas dos negocios

As canles en liña, salvavidas para as vendas dos negocios

A pandemia segue sacudindo os ingresos do tecido empresarial. As restricións de horarios ou as limitacións de capacidade nas tendas provocan que moitos clientes deixen a un lado as compras tradicionais nas tendas físicas e opten polo comercio electrónico. Isto fai que a dixitalización experimentase un impulso sen precedentes durante a crise da covid-19. Algúns estudios din que a covid-19 acelerou a dixitalización das pemes cinco anos.

De feito, boa parte dos negocios atoparon un bálsamo para salvar as súas vendas nas canles en liña. Segundo un estudo de Milanuncios, o 70% das pemes españolas aumentaron as súas vendas grazas a estes mecanismos. Por outra parte, un 60% manifesta que ten previsto impulsar aínda máis este aspecto para poder maximizar as vendas.

Neste novo contexto, é tempo tamén para pensar en novas oportunidades. Agora é posible estar máis preto dos nosos clientes se somos capaces de contar cun plan dixital axeitado. O comercio electrónico transformou a forma na que os clientes mercan, por iso, contar cunha rede adaptada para satisfacer os picos da demanda durante todo o ano é máis necesaria que nunca. É o momento de actuar, de dar pasos adiante, de innovar.

O programa Re-acciona, confinanciado pola Unión Europea, inclúe varios servizos relacionados coa dixitalización, a innovación, a estratexia e a profesionalización que poden darche as ferramentas que necesitas para que o teu negocio siga adiante. Permanece atent@! Axiña sairá a nova convocatoria.