fbpx

Por que a dixitalización aumenta a rendibilidade das empresas?

Por que a dixitalización aumenta a rendibilidade das empresas?

Son tempos para reinventarse. As empresas víronse obrigadas a redefinir os seus modelos comerciais trala irrupción da pandemia. Transitar na era post-covid, implica, necesariamente para os negocios, reforzar o seu enfoque dixital. De feito, o éxito no 2020 de moitas pemes basesouse en que optaron por plataformas e solución dixitais para manter a actividade. Que aconteceu con estas empresas? Pois que conseguiron chegar a 2021 nunhas condicións, máis ou menos, ventaxosas grazas a que lograron reducir os custes operativos, automatizar os procesos e minimizar a súa marxe de erro.

Pola contra, as empresas que non contaban con solución dixitais agora presentan cifras de negocio moi alarmantes ou, definitivamente, víronse obrigadas a pechar.

Con todo, as ferramentas dixitais deben ir acompañadas dunha estratexia innovadora para mellorar a competitividade, xa que así vaise conseguir unha maior rendabilidade. Chegados a este punto, por que a túa empresa debe animarse a seguir dixitalizando os seus procesos?

-O redeseño das operación comerciais. Este feito vai ligado á mobilidade e ao traballo en remoto, polo que a dixitalización será a clave para darlles soporte.

-Un ecosistema operativo máis dixital. Cando dixitalizamos a empresa, conseguimos coñecer mellor os procesos, os clientes, os beneficios… Este coñecemento máis profundo impacta de xeito positivo sobre a atención e fidelización dos clientes, a prestación dos servizos e en xeral, proporciona un valor engadido aos procesos comerciais.

-Empresas intelixentes. Coa dixitalización, as empresas teñen á súa disposición diferentes plataformas ERP, innovadoras e asequibles. As organización que integren os seus procesos clave nunha plataforma ERP estarán impulsando a súa transformación cara a intelixencia do negocio.

Sen dúbida, o presente e o futuro son dixitais, polo que as organizacións, sexa cal sexa o seu tamaño, deben integrar a dixitalización en tódolos aspectos do seu negocio. O programa Re-acciona, confinanciado pola Unión Europea, inclúe varios servizos que poden axudarche. Permanece atent@! Axiña sairá a nova convocatoria.