fbpx

O meu negocio, que debe ter en conta este novo ano?

O meu negocio, que debe ter en conta este novo ano?

O comezo do 2021 presenta novos desafíos para as pequenas e medianas empresas; e é que a pandemia vai obrigar a manter diferentes restriccións que, sen dúbida, afectarán ás operacións do noso tecido empresarial. Este escenario non é novo, o pasado ano deixounos varias aprendizaxes nas que se deberemos afondar ao longo dos vindeiros meses:

-Contar cunha estraxia de negocio. Debemos definir uns indicadores para analizar o noso progreso. Coñecer en detalle as nosas expectativas vainos axudar a planificar mellor os nosos recursos, a súa orientación…

-Analizar o día a día. Un dos retos das pemes é o de revisar o progreso das nosas metas. Realizar ese seguimento en tempo real pode permitirnos cambiar o que non está funcionando, antes de que a situación sexa aínda moito máis grave. Que implica isto? Ver o estado da oferta e a demanda e facer os axustes necesarios para que sempre obteñamos unha ganancia.

-Ter un plan para mitigar escenarios de risco. A covid-19 deixounos unha aprendizaxe indiscutible: a cultura da prevención. Polo tanto, realizar unha análise de cales poderían ser as ameazas do meu negocio é unha necesidade. Neste caso, debemos considerar aspectos como por exemplo, os gastos imprescindibles, cales podo reducir, aprazar ou negociar.

-As compras en liña chegaron para quedarse. Os meses de confinamento mudaron as nosas rutinas e, ademais, naceron novos intereses por produtos que responden a un novo estilo de vida. Nesa liña é na que debemos avanzar, estar atentos a estes cambios e aproveitar as novas oportunidades.

-A tecnoloxía aumenta a eficiencia dos negocios. É innegable: os negocios difícilmente van poder sobrevivir sen este recurso. Polo tanto, será importante que as pemes logren incorporar máis ferramentas que permitan levar esta dinámica a tódalas áreas da actividade. En definitiva, isto vai permitir unha xestión máis intelixente e ordenada.

En consonancia con todo isto, o programa Re-acciona, cofinaciado pola Unión Europea, inclúe unha ampla oferta de servizos encamiñados a mellorar a dixitalización, a innovación, a profesionalización e a estratexia dos negocios. Axiña contaremos toda a información da nova convocatoria. Permanece atent@!