fbpx

Chegar a novos mercados, unha das oportunidades que abre o comercio dixital en 2021

Chegar a novos mercados, unha das oportunidades que abre o comercio dixital en 2021

Sabes que o 70% da poboación en España merca xa a través do comercio electrónico? Este sistema experimentou un crecemento exponencial durante o 2020 debido ao confinamento, e todo fai pensar que neste novo ano a tendencia vaise asentar.

O VII Estudio Anual de eCommerce en España reflicte que en 2020 os potenciais clientes foron un 22’5 millóns de internautas que mudaron os seus hábitos de compra e consumo en liña. Pero cales son os retos e as oportunidades para o comercio electrónico no 2021?

-A fronteira entre as vendas físicas e en liña é cada vez máis difusa. A pandemia obrigou aos negocios a ter unha presenza dixital para evitar o peche, en definitiva, a reinventarse. Combinar o mundo en liña co físico ofrece ventaxas xa que permite crear diferentes combinacións de venda segundo cada necesidade.

-O social selling, ou as vendas a través das redes sociais, chegou para quedarse. Vender a través das redes foi a solución para aqueles negocios que non puideron crear unha plataforma propia de eCommerce. O ideal é empregar o social selling como un reforzo ás vendas a través da páxina web.

-Dar o salto internacional. A globalización é unha tendencia imparable e por sorte a tecnoloxía fai que sexa máis doado. Neste sentido, coa centralización das vendas a través dunha pasarela de pagos, calquera empresa pode empezar a exportar os seus produtos a países veciños.

-Os compradores elixen sustentabilidade. Vender produtos con materiais reciclados, garantir un trato xusto no proceso de fabricación ou levar adiante accións de responsabilidade corporativa, son aspectos que os clientes valoran cada día máis.

-Pagos seguros. É importante apostar por una tecnoloxía de pagos que permita os pagos físicos e en liña, tanto na web como nas redes sociais e facilite a internacionalización.