fbpx

Claves para evitar os ciberataques no meu negocio

Claves para evitar os ciberataques no meu negocio

O incremento do uso da Rede, tralo auxe do teletraballo e do comercio en liña, avivaron os ciberdelitos. Concretamente, as forzas de seguridade afirman que as pemes son o obxectivo de ata o 70% dos ciberataques que se producen en España. Pero, cales son os ataques máis comúns que sofren as empresas?

Un deles é o ransomware, un tipo de software malicioso que impide acceder ao noso sistema de arquivos persoais e que esixe o pagamento dun rescate.

Outro ataque habitual é o phising, un virus informático que rouba datos persoais e espía os dispositivos infectados. Neste caso, pode causar a perda de información empresarial relevante com por exemplo, documentos bancarios ou atra contrasinais de correo. Por exemplo, agora en inverno adoitan enviar descontos relacionados co Nadal, mentres que nos meses de verán son habituais os correos maliciosos con ofertas de viaxe.

Sen dúbida, as ameazas son cada vez máis sofistiadas, polo tanto, que debo ter en conta para mellorar a seguridade na miña empresa?

Router. para evitar sorpresas, debes actualizar o software do dispositivo á última versión dispoñible e cambiar as credenciais predefinidas por defecto (usuario e contrasinal).

Antivirus. Instalar un antivirus contribúe a evitar os ataques, pero non o é todo. Cómpre contar coa última actualización.

Ofertas. Debemos desconfiar das gangas sospeitosas e fuxir do comercio electrónico de descoñecidos. Pode ser difícil distinguir entre unha oferta real e unha estafa, por iso o mellor é asegurarse de que un sitio web é auténtico.

Códigos QR. Os menús dos bares ou os trípticos informativos en museos veñen a través deste sistema, unha tecnoloxía que pode ser tamén a entrada para recibir un ataque. Se o teu negocio emprega estes códigos, comproba con frecuencia que redirixen á páxina indicada.

Contrasinal. A recomendación é empregar unha que sexa complicada, e ir modificándoa. Como o fago? Engadindo varios elementos, como por exemplo, unha letra maiúscula ou un número. Por exemplo, se se emprega descubrimento como clave de acceso, un delincuente tarda minutos en descubrila. Se se cambia a DeSCubriMeNtO tardará varios días, e se optamos por 1DeSCubriMeNtO pode tardar anos.

Tarxeta de crédito, desactivala logo de realizar unha compra pola internet.

Wifi público. Este tipo de conexión non requiere autentificación, polo tanto, permite aos delincuentes o acceso directo a calquera dispositivo.

Copias de seguridade. Son imprescindibles e no ámbito empresarial o ideal sería unha realización diaria.