fbpx

A transformación dixital, unha tendencia imparable

A transformación dixital, unha tendencia imparable

Que retos trae consigo o 2021? O cambio de paradigma das empresas xa deu os seus primeiros pasos trala irrupción da pandemia. A crise provocada pola covid-19 cambiou por completo o panorama a nivel mundial e, por iso, as ferramentas que se van ter que empregar a partir de agora serán diferentes.

Boa parte dos investimentos das empresas deberán ir encamiñados á mellora da ciberseguridade, pero tamén cómpre aumentar os arquivos e os documentos na nube así como dispoñer de equipos portátiles con maior capacidade.

En termos xerais, os expertos falan de 3 novos fenómenos que conlevarán desafíos especiais para as empresas a partir de xaneiro: intelixencia artificial, teletraballo e dispositivos.

A intelixencia artificial desempeñará un papel principal. A súa extensión vai ter consecuencias na ciberseguridade, xa que a superficie de ataque vaise ampliar de xeito exponencial. Polo tanto, haberá que cubrir tamén o aumento dos datos que xeren os sistemas intelixentes con máis capacidade de almacenamento nos centros de datos.

O 2021 tamén deixará enriba da mesa grandes desafíos para os equipos de TI. Coa adopción do traballo en remoto aparecen novas vulnerabilidades. Polo tanto, a protección dos datos sensibles e dos sistemas empresariais será unha misión primordial, tanto nas oficinas como nos fogares das persoas traballadoras.

Ademais, os ordenadores terán que actualizarse para ofrecer maior potencia e capacidade de memoria, dous aspectos que axudarán a xestionar o volumen de traballo en calquera lugar.

O teu negocio está preparado? O programa Re-acciona seguirá ao teu carón neste novo ano para que poidas seguir avazando na mellora competitiva da túa empresa. E lembra que se queres solicitar asesoramento gratuito para o teu negocio tamén podes facelo a través do Igape Responde.

FELIZ 2021!