
22 Dec Comeza o 2021 impulsando a túa empresa
É momento de bos propósitos. Non hai dúbida de que estamos a piques de rematar un ano sen precedentes, pero da man de axuda externa, o teu negocio pode saír reforzado. Ese é o principal obxectivo da axuda que che ofrecen o Igape, Gain e Amtega a través da cuarta convocatoria do programa Re-acciona, que está aberta ata o 28 de decembro.
Este programa conta co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A dixitalización, a innovación, a profesionalización ou a estratexia, cal é a túa necesidade?
Podes elixir entre 15 servizos diferentes que lle axudarán ao teu negocio a seguir adiante. Concretamente, esa oferta de servizos agrúpase en 4 grandes eixos de competitividade:
-Desenvolvemento estratéxico, no que se inclúen varios servizos para que as empresas teñan á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.
-Profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estrutura financeira ou a cadea de produción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.
-Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade.
-Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.
Só quedan uns días!
Lembra que o prazo para solicitar algún destes servizos cofinanciado está aberto ata o luns, 28 de DECEMBRO. Podes atopar máis detalles dos servizos dispoñibles, aquí.