fbpx

O luns, 28 de decembro, remata o prazo para que as empresas soliciten os servizos de Re-acciona

O luns, 28 de decembro, remata o prazo para que as empresas soliciten os servizos de Re-acciona

Últimos días para que as empresas que buscan axuda para afrontar a situación excepcional xerada pola covid-19 soliciten as axudas económicas de Re-acciona, o programa conxunto do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Amtega e GAIN, cofinanciado pola Unión Europea, e que ofrece ata 15 servizos diferentes para mellorar a competitividade empresarial. Un dos requisitos imprescindibles para solicitar estas axudas é que a empresa teña, polo mínimo, 3 persoas traballadoras.

 

A oferta de servizos agrúpase en catro grandes eixos; un deles é o de Dixitalización. Neste sentido, as empresas poderán definir a súa estratexia dixital, implantar medidas de ciberseguridade e de teletraballo ou deseñar unha estratexia de marketing de contidos. Outro dos piares do programa Re-acciona é a Profesionalización. Neste caso, as empresas poderán recibir asesoramento para mellorar a súa xestión financeira, realizar un relanzamento comercial ou optimizar a súa produción e cadea loxística.

 

Ademais, o programa do IGAPE axuda ó tecido empresarial a lanzar produtos e servizos que sexan innovadores. Tamén se inclúe un servizo de asesoramento para o financiamento da innovación. A Estratexia é outro dos bloques do programa de Re-acciona, neste caso, as empresas poden desenvolver plans de mellora empresarial, analizar o seu potencial competitivo ou dar resposta ás repercusións legais da COVID-19.

Os servizos de Re-acciona desenvólvense por un axente colaborador, que está a disposición da empresa durante a duración do servizo de mellora, que pode ir dos 3 ós 6 meses, aproximadamente. Por outra parte, os servizos teñen un carácter práctico e buscan que a empresa se profesionalice nunha determinada área estratéxica ou operativa, e para iso o acompañamento e a formación ofrecidos durante o servizo son claves para conseguilo.

O custe dos servizos para as empresas oscila entre os 126 euros e os 1.500, en función do número de persoas traballadoras. O prazo para solicitar as axudas económicas destes servizos está aberto ata o 28 de decembro.

O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea dentro do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020. O obxectivo é conseguir un tecido empresarial máis competitivo e promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e unha investigación de calidade. Dende o ano 2016, máis de 800 empresas galegas recibiron  dos servizos Re-acciona.