
15 Dec Reinventar o negocio! Como sigo xerando ingresos
Reinventarse pode ser a saída para moitos negocios nesta situación excepcional que nos tocou vivir. Apostar polo relanzamento dos produtos ou servizos que ofrecen as empresas pode permitir seguir xerando ingresos. No novo contexto, a diversificación, a innovación ó redor de novas necesidades vai ser unha grande oportunidade. Sectores como o da saúde, o B2B ou os servizos en remoto, poden supoñer unha ocasión para o relanzamento de moitas empresas.
Para poder lanzar produtos ou servizos innovadores o fundamental vai ser coñecer, en detalle, ós teus potenciais clientes, para iso deberás ter un listado de oportunidades. A partir dese momento poderás definir ben o problema. Posteriormente, a clave vai estar na creatividade, é dicir, no desenvolvemento de ideas e conceptos innovadores. Por suposto, é inevitable que neste proceso tamén te equivoques para que finalmente poidas validar a túa opción, ou dito doutro xeito, que escoites a opinión do público e sexas flexible.
Que beneficios obterá a túa empresa se aplicas este proceso? Transformarás os problemas en oportunidades de innovación, empatizarás cos teus clientes porque coñecerás as súas necesidades e, polo tanto, estarás deseñando a solución en colaboración con eles. Por outra parte, conseguirás orientar os teus produtos ou servizos ó que demanda o mercado e, o máis importante, serás quen de adaptarte ó cambio.
Queres ser unha das empresas que aposte pola innovación? Re-acciona ofréceche o servizo Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores. O programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O prazo está aberto ata o 28 de DECEMBRO Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.