
24 Nov Que solucións podo ter para adaptar o meu comercio ao escenario actual?
As novas informacións relacionadas coas posibles vacinas contra a covid-19, alivian a incerteza causada polo contexto actual. Con todo, as limitacións sanitarias impostas pola pandemia están dificultado o día a día dos negocios. Para poder facer fronte a esta situación, cómpre elaborar e executar un proceso de comercialización que se oriente ao cliente e que, ademais, permita dinamizar a túa marca. Neste sentido, non estás en soidade! Os servizos que che ofrece o programa Re-acciona téndenche a man para que te adaptes ó novo contexto provocado pola covid-19.
É o caso do servizo Relanzamento comercial, incluido no eixo de profesionalización, que che vai permitir aproveitar as novas oportunidades e optimizar as túas vendas. Como se pode conseguir? Cunha reestructuración de prezos e cun axeitado desenvolvemento comercial da túa empresa. Cando chegues a este punto, terás un coñecemento máis profundo da túa competencia e, o máis importante: obterás clientes máis satisfeitos! Agora posible logralo grazas ó desenvolvemento dun RoadMap propio para ti. Con esta ferramenta disporás dunha análise comercial da situación da túa empesa e desenvolverás un proceso comercial axeitado á túa actividade.
Queres saber como? Descubre en detalle o servizo de Relanzamento comercial de Re-acciona a través deste enlace.
Xa podes solicitar a túa axuda para converter todo isto en realidade a partir de 700 euros. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto ata o 28 de DECEMBRO. Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.