
24 Nov 17/12/2020 Como protexo a información da miña empresa en tempos do teletraballo?
A nova convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade da túa empresa. Para iso, podes elixir entre un total de 15 servizos.
Para que coñezas en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinarios, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información. Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.
O programa previsto para o 17 de decembro, é:
12:30 horas. Benvida
Representante da Amtega
12:35 horas. Como protexo a información da miña empresa en tempos do teletraballo?
Servizo Definición e implantación dunha estratexia de ciberseguridade para a peme. Juan Lemos e Paz Cariñena de Dooing It
13:00 horas. Preguntas
Esta actividade enmárcase no contexto do nodo de ciberseguridade CIBER.gal, que é unha estrutura de cooperación que implica ao conxunto de Administracións Públicas do territorio galego nesta materia, e en coordinación coas organizacións de referencia a nivel nacional, INCIBE e CCN para o desenvolvemento de actividades que permitan concienciar e capacitar á cidadanía, ás empresas e ás administracións públicas de Galicia en relación á ciberseguridade co obxectivo de garantir unha contorna dixital segura e afrontar de maneira colaborativa os retos neste eido.