
09 Nov Cuarta convocatoria do programa Re-acciona: ata o 28 de decembro
Os servizos incluidos na cuarta convocatoria do programa Re-acciona poden axudarche a mellorar a competitividade do teu negocio. Para conseguilo, podes elixir entre 15 servizos diferentes, ofertados polo Igape, Gain e Amtega e así conseguir a adaptación da túa empresa ao novo contexto empresarial.
Re-acciona conta co cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Buscas mellorar a dixitalización, a innovación, a profesionalización ou a estratexia do teu negocio?
Concretamente, esa oferta de servizos agrúpase en 4 grandes eixos de competitividade:
-Desenvolvemento estratéxico, no que se inclúen varios servizos para que as empresas teñan á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.
-Profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estrutura financeira ou a cadea de produción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.
-Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade.
-Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.
O prazo para solicitar algún destes servizos cofinanciado está aberto ata o 28 de DECEMBRO. Podes atopar máis detalles dos servizos dispoñibles, aquí.