
26 Oct 27/11/2020 Innovar, a clave para adaptarse ao escenario covid-19
A nova convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade da túa empresa. Para iso, podes elixir entre un total de 15 servizos.
Para que coñezas en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinarios, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información. Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.
O programa previsto para o venres, 27 de novembro é:
12:30 horas. Benvida
Reprensentante da Axencia Galega de Innovación (GAIN)
12:35 horas. Innovar, a clave para adaptarse ao escenario covid-19
Servizo Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores. Pablo López, axente colaborador INCOTEC
12:55 horas. Jealsa, a aposta pola innovación en Galicia
David Cabanelas, Managing Director Valora, compañía do grupo Jealsa Rianxeira
13:15 horas. Preguntas