
20 Oct Como aumentar a produtividade da miña empresa?
A crise sanitaria veu acompañada de moitos cambios no noso día a día. As empresas tampouco son alleas ó que acontence e, por iso, moitas delas vanse ver obrigadas a acometer modificacións na súa xestión loxística.
As cadeas de suministro deben adaptarse ós cambios; uns cambios que se articularán a partir da evolución do comportamento que amosan os consumidores tralo aumento das medidas sanitarias. Neste sentido, moitos expertos estiman que, a curto prazo, a xestión loxística vaise centrar en buscar cadeas que sexan máis resilentes. En que se traduce isto? pois na necesidade de canalizar o fluxo de datos que xenera o movemento de mercadorías para tomar decisións en tempo real.
Realidades cotiás nas empresas como a mellora no control dos seus stocks, a redución dos custes ou o incremento da eficiencia e da estandarización, van ser imprescindibles para poder aumentar a competitividade, en en definitiva, saír adiante.
O programa Re-acciona, cofinanciado pola Unión Europea, inclúe precisamente un servizo que se centra nesta mataria. É o de Optimización da produción e a cadea loxística. A través deste servizo disporás dunha análise inicial, é dicir, vas saber cales son as áreas susceptibles de mellora e a partir de ahí, vas seleccionar aquelas que che interesan máis para a túa empresa.
Posteriormente, contarás co deseño de solucións concretas que se levarán a cao dende dentro da túa empresa e da man do teu cadro de persoal. E finalmente, vas poder implantar solucións que che van permitir unha optimización dos teus recursos.
Queres conseguilo? Pois ata o 5 de novembro podes solicitar as axudas de Re-acciona. Consulta tódolos servizos que están dispoñibles!