
19 Oct 6/11/2020 Dixitalización e marketing, como poden impulsar a miña empresa?
A nova convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade da túa empresa. Para iso, podes elixir entre un total de 15 servizos.
Para que coñezas en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinarios, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información. Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.
O venres, 6 de novembro, celebramos un en colaboración co Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia.
O programa previsto é:
12:30 horas. Benvida
Ricardo González, Xerente Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia.
Representante da AMTEGA
12:45 horas. A dixitalización como vantaxe competitiva e redución de custos.
Servizo Definición dunha estratexia dixital da empresa. Julio Sánchez, de Valora Consultores.
12:55 horas. Atraer, captar, vender e fidelizar ós teus clientes
Servizo Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme, Fuencisla Cid, de EOSA Consultores.
13:15 horas. Preguntas