fbpx

Obtén solucións dixitais para desenvolver o traballo na túa empresa!

Obtén solucións dixitais para desenvolver o traballo na túa empresa!

A dixitalización é o camiño máis seguro para o tecido empresarial galego.

Neste novo escenario un dos piares é a planificación e a xestión, é dicir, cada persoa debe coñecer as súas tarefas e informar do seu avance ao equipo. Por iso cobra importancia a xestión dos calendarios de reunións e citas. Nesta liña, algunhas ferramentas útiles poden ser Redmine, Trello, Asana, Loomio ou Google Calendar.

Outra opción atractiva para as empresas é a operatividade na nube e o uso de ferramentas de edición colaborativa de documentos, coas que múltiples persoas poden traballar nunha mesma tarefa. As utilidades de Google Suite (incluídas Google Docs, e Google Sheet) e de Microsoft Office 365 permiten crear, acceder e compartir documentos para facilitar o traballo colaborativo en remoto.

Por outra parte, dispoñer dun xestor documental na nube, que permita clasificar e organizar a información cos pertinentes permisos de acceso, axiliza o acceso e mantemento de documentación, aforra tempo, evita erros e axuda a cumprir cos estándares de calidade. Neste senso, ferramentas como Google Drive, Dropbox, Onedrive, Owncloud,  Next  Cloud ou solucións corporativas baseadas en SharePoint ou desenvolvementos Web ad-hoc (extranet e intranet) son de gran utilidade.

Cómpre destacar que ante este novo escenario, o feito de dispoñer de utensilios accesibles en remoto e en mobilidade que dean soporte aos principais procesos operativos da empresa, será fundamental para que a continuidade de negocio e a produtividade non se vexan prexudicadas polo teletraballo. Por exemplo, ERPs, CRMs, aplicacións de comercio online, de xestión de pedidos e/ou facturación, contabilidade… son claves neste ámbito.

Esta é só unha pequena parte do mundo que trae consigo a nova realidade laboral. O programa Re-acciona ofrece o Servizo de apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade. Solicita xa a túa axuda! O prazo xa está aberto ata o 5 de novembro. Máis detalles dos servizos dispoñibles, aquí.