fbpx

Como recupero a normalidade na miña empresa co Design thinking?

Como recupero a normalidade na miña empresa co Design thinking?

Coñeces a metodoloxía de Deseño creativo ou Design Thinking?

A situación excepcional xerada pola covid-19 obriga a apostar polo relanzamento dos nosos produtos ou servizos.  No novo contexto, a diversificación, a innovación ao redor de novas necesidades vai ser unha grande oportunidade. Sectores como o da saúde, o B2B ou os servizos en remoto, poden supoñer unha ocasión para o relanzamento de moitas empresas.

Para lanzar produtos ou servizos innovadores o fundamental vai ser coñecer, en detalle, os nosos potenciais clientes, para iso debemos ter un listado de oportunidades. A partir dese momento podemos definir ben o problema. Posteriormente, a clave vai estar na creatividade, é dicir, no desenvolvemento de ideas e conceptos innovadores. Por suposto, é inevitable que neste proceso tamén nos equivoquemos para que finalmente validemos a nosa túa opción, ou dito doutro xeito, que escoitemos a opinión do público e sexamos flexibles. Todo isto pódese facer aplicando a metodoloxía do deseño creativo, Design Thinking.

Que beneficios obterá a miña empresa se aplico este proceso? Transformarei os problemas en oportunidades de innovación, empatizarei cos meus clientes porque coñecerei as súas necesidades e, polo tanto, estarei deseñando a solución en colaboración con eles. Por outra parte, conseguirei orientar os meus produtos ou servizos ao que demanda o mercado e, o máis importante, serei quen de adaptarme ao cambio.

Queres ser unha das empresas que aposte pola innovación?   Re-acciona ofrécehe o servizo Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.

Solicita xa a túa axuda! O prazo xa está aberto ata o 5 de novembro. Máis detalles dos servizos dispoñibles, aquí.