
22 Sep Chega a 3ª convocatoria do programa Re-acciona!
Se na túa empresa sodes 3 persoas traballadoras ou máis… este é o momento de mellorar a vosa competitividade!
Como? A través das axudas económicas de Re-acciona, ofertadas polo IGAPE, Gain e Amtega para que poidas adaptarte ó novo contexto empresarial.
O programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). A dixitalización, a innovación, a profesionalización ou a estratexia, cal é a túa necesidade?
A convocatoria de Re-acciona pivota sobre:
-Desenvolvemento estratéxico, no que as empresas terán á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.
-Profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estructura financeira ou a cadea de producción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.
-Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade.
-Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.
Na primeira convocatoria de Re-acciona, preto de 300 empresas solicitaron o seu servizo.
Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo xa está aberto e podes pedila ata o 5 de novembro. Máis detalles dos servizos dispoñibles, aquí.