
21 Sep 9/10/2020 Como xestionar os procesos administrativos da miña empresa en remoto?
A nova convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade da túa empresa. Para iso, podes elixir entre un total de 15 servizos e solicitar as axudas antes do 5 de novembro.
Para que coñezas en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinars, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información. Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.
Na cita do venres,9 de outubro, falaramos de Como xestionar os procesos administrativos da miña empresa en remoto.
12:30 Benvida
AMTEGA
12:40. Como xestionar os procesos administrativos da miña empresa en remoto.
Daniel Cerqueiro, responsable de marketing e comunicación en Docuten
13:00 Preguntas e peche
Esta actividade enmárcase no contexto do nodo de ciberseguridade CIBER.gal, que é unha estrutura de cooperación que implica ao conxunto de Administracións Públicas do territorio galego nesta materia, e en coordinación coas organizacións de referencia a nivel nacional, INCIBE e CCN para o desenvolvemento de actividades que permitan concienciar e capacitar á cidadanía, ás empresas e ás administracións públicas de Galicia en relación á ciberseguridade co obxectivo de garantir unha contorna dixital segura e afrontar de maneira colaborativa os retos neste eido.