
08 Sep A túa empresa, ten presenza dixital?
Non hai dúbidas. As redes sociais e o comercio electrónico xa estaban presentes antes da COVID-19, pero a pandemia do coronavirus suporá o impulso definitivo da dixitalización.
Debes conectar emocionalmente coa túa audiencia, co teu público. O xeito para facelo é poñer no centro @s teus usuari@s, compartir todo aquilo que nos une e aportarlles verdadeiro valor. Un aspecto importante é que traballes a escala de valores da túa marca porque, nunha circunstancia como a actual, o que se busca son empresas que sexan máis humanas. Polo tanto, podes aproveitar a situación para compartir links, ofrecer consellos ou difundir vídeos de curta duración. Se actúas deste xeito construirás novas relacións e lograrás a fidelización da xente. En definitiva, centrando a túa comunicación e as campañas nas necesidades dos usuarios estarás aplicando a estratexia do inbound marketing.
Se precisas axuda, o programa Re-acciona inclúe o servizo Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme co que poderás establecer unha pauta para atraer, captar e flidelizar ós tus clientes. Todo isto grazas á axuda dos contidos dixitais. Cando remate a situación excepcional que vivimos, o mundo dixital sairá moi reforzado. As redes sociais e o comercio electrónico xa estaban presentes, pero a pandemia do coronavirus suporá o impulso definitivo da dixitalización. Non te quedes fóra.
O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto ata o 17 de setembro. Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.