
04 Sep 18/09/2020 Como dinamizar o sector biotech a través da innovación?
A nova convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade da túa empresa. Para iso, podes elixir entre un total de 15 servizos.
Para que coñezas en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinars, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información. Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.
O venres, 18 de setembro, celebramos un en colaboración co Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA).
O programa previsto é:
12:30 horas. Benvida
Loli Pereiro, Xerente Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (BIOGA)
Representante da Axencia Galega da Innovación (GAIN)
12:45 horas. Servizo de Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
Laura Zacarés, de INCOTEC
12:55 horas. Servizo Protección da innovación.
Alberto Álvarez, de Álvarez Real
13:05 horas. Servizo de Asesoramento para o financiamento da innovación.
Marta Bravos, de INNPLICA
13:15 horas. Preguntas