fbpx

Optimiza o teu negocio e reduce custes a través da dixitalización

Optimiza o teu negocio e reduce custes a través da dixitalización

A emerxencia sanitaria da COVID-19 impuxo un salto acelerado do tecido empresarial cara a dixitalización, proba diso é que un de cada tres profesionais realizou a súa xornada laboral en remoto durante o estado de alarma, unha práctica que, en moitos casos, aínda segue en vigor.

Pero antes de implantar o teletraballo, cómpre contar cunha estratexia de dixitalización. A convocatoria de Re-acciona inclúe un servizo que che axuda no camiño, é o de Definición dunha estratexia dixital da empresa, co que podes valorar unha serie de accións meditadas e encamiñadas a un fin concreto: desempeñar as túas tarefas laborais dende o teu domicilio. É dicir, antes de poñer en marcha o teletraballo é imprescindible contar cunha estratexia, definir o xeito no que vas actuar.

Polo tanto, con este servizo vas facer unha análise do teu negocio, avanzarás na detección de oportunidades dixitais e no desenvolvemento dunha planificación do cambio que precisas.

Este servizo inclúe varias accións; entre elas, unha avaliación da madurez tecnolóxica que ten a túa empresa. Por outra parte, realizarase unha clasificación do teu negocio en función do teu nivel de dixitalización actual. Ademais, vaise deseñar unha estratexia dixital e tamén a folla de ruta para que avances na túa dixitalización.

As accións do servizo Definición dunha estratexia dixital da empresa van máis alá. Poderás identificar posibilidades tecnolóxicas concretas así como establecer ferramentas dixitais que se adapten ás túas necesidades e obxectivos.

Un aspecto moi destacado é quen durante a implantación de todas estas solucións, a túa empresa estará acompañada polo axente colaborador de Re-acciona.

Que beneficios obterá a túa empresa? Son varios, pero cómpre destacar o feito de que adquirirás novas habilidades que che van permitir o aproveitamento de oportunidades. Por outra parte, lograrás un aforro dos teus custes, aumentarás a túa rapidez de resposta e, sobre todo, a túa empresa estará plenamente adaptada ó mercado.

Logo de definir esta estratexia, poderás avanzar na implantación do teletraballo con outro dos servizos de Re-acciona: Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade. 

O mundo dixital avanza cada vez con máis forza, queres que a túa empresa evolucione da súa man? Non agardes máis e consulta os detalles de Definición dunha estratexia dixital da empresa, paso previo para a implantación do teletraballo.

O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto ata o 17 de setembro. Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.