
22 Aug 9/09/2020 Análise de potencial competitivo. Unha oportunidade de mellora empresarial
A nova convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade da túa empresa. Para iso, podes elixir entre un total de 15 servizos e solicitar as axudas antes do 17 de setembro.
Para que coñezas en detalle o servizo que mellor se adapta ás túas necesidades, está en marcha un ciclo de webinars, no que os axentes colaboradores ofrecerán toda a información. Ademais, poderás resolver tódalas dúbidas coas túas preguntas a través do chat.
Para coñecer o servizo ANÁLISE DE POTENCIAL COMPETITIVO, inscríbete no webinar organizado en colaboración con Asociación de Empresas de Cerramentos de Galicia (AECALPO)
Envía un correo electrónico a aecalpo@aecalpo.com e indica se asistes ó webinar do 8 de setembro ás 9:15 horas, ou ben, á cita do 9 de setembro ás 16 horas.