
11 Aug Estás á altura da túa competencia?
Coñeces realmente a capacidade que ten a túa empresa para competir no mercado? É probable que para dar unha resposta precises de axuda externa que che permita ter unha fotografía real da túa situación.
E é que o contexto actual impón novos retos ás empresas. Análise de potencial competitivo, un dos servizos da nova convocatoria de Re-acciona, é a ferramenta que che vai axudar a conseguilo. Identificarás os factores que definen a capacidade da túa PEME para competir no mercado, concretamente, analizarás a situación da túa empresa ata en 22 factores de competitividade. Estes factores son os aspectos clave dunha organización! En definitiva, coñecerás o teu nivel actual de competitivide e por outra parte, descubrirás a capacidade de adaptación ós cambios que se produzan, xa sexa no teu sector ou na túa contorna.
Co servizo Análise de potencial competitivo disporás dunha folla de ruta e conseguirás implantar varias accións de mellora. Como? Mediante a aplicación da denominada Metodoloxía da Matriz T-H, que posiciona o grao de desenvolvemento competitivo da PEME en base a dúas variables: tecnoloxías (T) e persoas (H).
Para iso, o servizo inclúe a realización dun cuestionario que recolle a totalidade dos aspectos dunha empresa, agrupados en 22 factores de competitividade. Entre outros aspectos, permite medir o grao de avance na implantación de normas, procedementos, software… Por outra parte, analiza o nivel de uso do talento nas persoas; dende a súa formación e motivación, ata os propios equipos.
A peculiaridade do servizo Análise de potencial competitivo é que emprega a o software PLAAM, a única plataforma do mercado que conxuga tódalas ferramentas necesarias para a correcta xestión, comunicación e control dunha empresa.
Queres que a túa empresa estea á altura dos teus competidores? Atopa máis información do servizo neste enlace.
Xa podes solicitar a túa axuda para converter todo isto en realidade a partir de 126 euros. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto ata o 17 de setembro. Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.