
04 Aug Consegue axuda para financiar a innovación da túa empresa!
Buscas mellorar a innovación da túa empresa pero non sabes por onde comezar? Apostar por este camiño vaiche permitir medrar dende o punto de vista económico.
A convocatoria de Re-acciona inclúe un servizo que che vai axudar a conseguilo! Trátase do Asesoramento para o financiamento da innovación, un servizo adaptado ás necesidades e ás capacidades de financiamento da I+D+i de cada peme.
En que consiste? Pois no deseño e na implementación dunha estratexia personalizada de financiamento no ámbito da innovación, que se acometerá trala análise inicial do teu desempeño innovador. Este servizo desenvólvese a través de diferentes fases:
Planificación. Ofrécese formación ós responsables da PEME en relación á metodoloxía e ás ferramentas a empregar.
Análise. Neste caso, o obxectivo é coñecer o desempeño innovador da PEME e outros indicadores vinculados ó seu carácter innovador. Esta análise vaise comparar coas estatísticas oficiais.
Estratexia. A empresa poderá deseñar a estratexia de innovación acorde a un itinerario. Esta estratexia vaise formalizar nun plan de financiamento da I+D+i.
Seguimento. Fai referencia á implementación dos procedementos de recollida de datos necesarios para controlar a execución da estratexia.
Os beneficios que vai conseguir a túa empresa son moitos. Por unha parte, obterás unha carteira de liñas de financiamento da I+D+i ás que presentarte. Ademais, conseguirás unha metodoloxía de recollida de datos sistematizada e estructurada. Outro dos teus logros será unha base de datos de consulta para a captación de toda esa información.
Os beneficios do servizo Asesoramento para o financiamento da innovación van máis alá: disporás dunha nova estratexia de innovación aberta na túa organización e lograrás un posicionamento máis competitivo para os teus produtos innvodares! Podes atopar máis información do servizo neste enlace.
Xa podes solicitar a túa axuda para converter todo isto en realidade a partir de 500 euros. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto ata o 17 de setembro. Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.