fbpx

Os procesos certificables permiten conquistar novos mercados

Os procesos certificables permiten conquistar novos mercados

Sabes que os procesos certificables poden axudarlle á túa empresa a entrar en novos nichos de mercado, xa sexan nacionais ou internacionais? E que… a análise de riscos dun sistema de calidade permítenos detectar e adoptar decisións de forma anticipada e evitar, polo tanto, futuros problemas?

Vivimos un momento de incerteza, e o feito dispoñermos dunha certificación vainos permitir amosar fiabilidade ós nosos clientes. Por outra parte, a certificación en seguridade e saúde laboral pode axudarnos a mellorar a confianza do noso cadro de persoal, xa que estaremos incorporando medidas preventivas necesarias para garantir a súa seguridade.

Pero, en que consiste realmente o servizo de Re-acciona Preparación de procesos certificables?  É unha colaboración e un seguimento na implantación dun sistema de xestión baseado en procesos, segundo as normas ISO. Cales? Pois por exemplo normas para a xestión de calidade medioambiental, de seguridade viaria, enerxética ou alimentaria, entre outras.

Os beneficios que obterás son moitos! Por exemplo, incrementarás a túa rendabilidade a través da redución de custos e perdas, mellorarás a túa produtividade empresarial e conseguirás mellorar a imaxe da túa empresa. Queres coñecer máis detalles deste servizo? Descúbreo a través deste enlace.

Xa podes solicitar a túa axuda para converter todo isto en realidade a partir de 550 euros. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto ata o 17 de setembro. Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.