fbpx

29/07/2020 Como impulsar a industria metalúrxica a través da innovación e a dixitalización?

29/07/2020 Como impulsar a industria metalúrxica a través da innovación e a dixitalización?

A nova convocatoria do programa Re-acciona servirá para mellorar a competitividade da túa empresa. Para iso, podes elixir entre un total de 15 servizos.

Para que as empresas do sector metalúrxico coñezan en detalle os servizos incluidos nos eixos de Dixitalización e Innovación, o mércores, 29 de xullo, a partir das 12:30 horas, celébrase, en colaboración coa Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) o webinar Como impulsar a industria metalúrxica a través da innovación e a dixitalización?

-12:30 horas. Benvida ASIME e Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

-12:40 horas. Servizo de Definición dunha estratexia dixital da empresa. Susana Santamarina, de Valora Consultores

-12:50 horas. Servizo de Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores. Pablo López, de INCOTEC

-13:00 horas. Experiencia de empresas Re-acciona do sector metalúrxico:

-Industrial Recense 

Luis López, Director Xeral

-Mecanizados Acebrón

Rebeca Acebrón, Conselleira Delegada

-13:30 horas. Preguntas

 

Inscríbete