fbpx

Aumenta as túas vendas cun cambio na túa estrutura empresarial

Aumenta as túas vendas cun cambio na túa estrutura empresarial

É o momento de actuar!

A túa empresa debe elaborar e executar un proceso de comercialización que se oriente ó cliente e que, ademais, permita dinamizar a túa marca. Neste sentido, non estás en soidade! As axudas económicas que che ofrece o programa Re-acciona téndenche a man para que te adaptes ó novo contexto provocado pola COVID-19.

É o caso do servizo Relanzamento comercial, incluido no eixo de profesionalización, que che vai permitir aproveitar as novas oportunidades e optimizar as túas vendas. Como se pode conseguir? Cunha reestructuración de prezos e cun axeitado desenvolvemento comercial da túa empresa.  Cando chegues a este punto, terás un coñecemento máis profundo da túa competencia e, o máis importante: obterás clientes máis satisfeitos! Agora posible logralo grazas ó desenvolvemento dun RoadMap propio para ti. Con esta ferramenta disporás dunha análise comercial da situación da túa empesa e desenvolverás un proceso comercial axeitado á túa actividade.

Queres saber como? Descubre en detalle o servizo de  Relanzamento comercial de Re-acciona a través deste enlace.

Xa podes solicitar a túa axuda para converter todo isto en realidade a partir de 700 euros. O programa Re-acciona está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Non quedes fóra e solicita xa a túa axuda! O prazo está aberto ata o 17 de setembro. Máis detalles de todos os servizos dispoñibles, aquí.