fbpx

As axudas do Cheque de dixitalización poden solicitarse a partir de hoxe

As axudas do Cheque de dixitalización poden solicitarse a partir de hoxe

A partir de hoxe, 19 de xuño, poden solicitarse os cheques de dixitalización COVID-19.

Son unhas axudas da Xunta de Galicia sen concorrencia competititva, é dicir, resólvense segundo van chegando as solicitudes, coas que se pode mercar material informático e que coas que se recibe asistencia técnica para desenvolver o teletaballo e iniciativas no rural.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as microempresas, o sector hostaleiro e turístico, o comercio polo miúdo, o transporte, perruquería e estética persoal.

O prazo para solicitar o cheque de dixitalización está aberto ata o 30 de setembro de 2020.

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico na Oficina virtual do IGAPE .

Consulta os detalles do cheque de dixitalización no Diario Oficial de Galicia (DOG).