
10 Jun Os servizos de Re-acciona axudan ó tecido empresarial adaptarse ó escenario post-Covid
Igape Responde, iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes, contará cunha nova convocatoria do programa Re-acciona. A orde xa está publicada no Diario Oficial de Galicia e o prazo para que as empresas poidan solicitar os servizos estará aberto ata o vindeiro 2 de xullo.
Os diferentes servizos de Re-acciona ofrecerán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación rápida que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva. En definitiva, serán a ferramenta para que as empresas poidan adaptarse á situación excepcional xerada pola COVID-19.
En concreto, Re-acciona ofrecerá soporte personalizado en aspectos como a implantación do teletraballo, prestacións de servizos e promoción en liña, busca de financiamento e reconfiguración da oferta comercial.
Esta nova ferramenta porá a disposición do tecido produtivo galego unha base de coñecemento con información de interese empresarial, encontros explicativos en liña, guías de repostas a preguntas frecuentes e boletíns informativos periódicos.
Os diferentes servizos de Re-acciona podes consultalos aquí.
Realiza a solicitude do servizo.