fbpx

As empresas poden solicitar, ata o 2 de xullo, os servizos de Re-acciona para mellorar a súa competitividade

As empresas poden solicitar, ata o 2 de xullo, os servizos de Re-acciona para mellorar a súa competitividade

Igape Responde, iniciativa dirixida a ofrecer asesoramento inmediato a autónomos e pemes, contará cunha nova convocatoria do programa Re-acciona.  A orde xa está publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e mañá comeza o prazo para que as empresas poidan solicitar os servizos. O prazo estará aberto ata o vindeiro 2 de xullo.

Os diferentes servizos de Re-acciona ofrecerán orientación e apoio individualizado sobre as medidas de implantación rápida que se deben adoptar a nivel xeral, na reorganización estratéxica e operativa dos negocios, así como no que se refire a proxectos de dixitalización e innovación para manter e impulsar a actividade produtiva.

En concreto, Re-acciona ofrecerá soporte personalizado en aspectos como a implantación do teletraballo, prestacións de servizos e promoción en liña, busca de financiamento e reconfiguración da oferta comercial.

Esta nova ferramenta porá a disposición do tecido produtivo galego unha base de coñecemento con información de interese empresarial, encontros explicativos en liña, guías de repostas a preguntas frecuentes e boletíns informativos periódicos.

Os diferentes servizos de Re-acciona podes consultalos aquí.

Realiza a solicitude do servizo.