
02 Jun A nova convocatoria de Re-acciona xa está aquí!
É o momento! Non hai volta atrás para o tecido empresarial galego. Innovar debe ir no ADN das empresas e, as que non aposten por este escenario terán serias dificultades para seguir adiante.
A nosa vontade é axudarche neste camiño, por iso, xa podes consultar no Diario Oficial de Galicia (DOGA) a convocatoria do programa Re-acciona , dirixido ás empresas de Galicia para que melloren a súa competitividade.
A innovación empresarial vaiche ofrecer solucións ós teus problemas, e vas poder satisfacer mellor as necesidades dos teus clientes. Por outra parte, lograrás diferenciarte dos teus competidores e optimizarás os procesos de compra. Por todo isto non hai dúbida de que a innovación é o aspecto fundamental para o desenvolvemento exitoso dun negocio, sexa do sector que sexa.
A nova convocatoria de Re-acciona pivota sobre:
- Desenvolvemento estratéxico, no que as empresas terán á súa disposición varias asistencias para analizar a súa posición inicial e definir os pasos de mellora que deben de seguir.
- Profesionalización. Neste caso, as pemes descubrirán como optimizar a súa estructura financeira ou a cadea de producción. Por outra parte, as empresas disporán de servizos para acometer relanzamentos comerciais ou para implementar novos modelos de xestión.
- Dixitalización, que permitirá definir unha estratexia dixital, traballar o marketing de contidos ou a ciberseguridade.
- Innovación, que axudará ás pemes a implantar novas metodoloxías de deseño estratéxico; o que se traducirá no desenvolvemento de novos procesos de negocio.
Podes solicitar as axudas ata o vindeiro 2 de xullo. Máis detalles dos servizos dispoñibles, aquí.