
28 Apr COVID-19 e a necesidade dunha comunicación interna a través de novas tecnoloxías
A irrupción do COVID-19 nas nosas vidas lémbranos que a primeira responsabilidade social dunha empesa é manter os postos de traballo. Moitas empresas están sendo valoradas nesta situación excepcional polas súas decisións sobre como están xestionando o seu capital humano.
Neste novo contexto, unha das tarefas críticas da comunicación é manter informadas e implicadas ás persoas que integran o equipo da organización. O profesor do Institute for Management Development (IMD) de Lausanne (Suiza) Tawfik Jelassi suxire no informe titulado «Liderar en tiempos turbulentos», que os directivos dunha organización, deben facerse presentes cun relato que teña sentido para as persoas da organización e que estimule as actitudes ligadas á confianza.
De xeito paralelo, a emerxencia sanitaria que vivimos e as medidas extraordinarias converteron á maioría das persoas traballadoras en teletraballadoras. Esta nova realidade impón unha maior necesidade de comunicación interna que ha de facerse dixitalmente. As novas tecnoloxías achegan e facilitan esta labor de comunicación cos nosos clientes internos, pero cales son as claves da comunicación interna durante o COVID-19?
- Fomentar a cohesión interna: é básico xestionar os vínculos cos novos teletraballadores. Implicar e motivar ao equipo. Agradecerlle e recoñecer o seu labor.
- Un liderado visible da dirección: é o momento en que directores e directoras das empresas estean próximos, agradezan e conecten co seu equipo, mostrando o compromiso corporativo e a súa humanidade.
- Manter informadas as persoas: a información é o mellor antídoto ante a incerteza, polo tanto, establece un fluxo constante de comunicación clara e concreta a través das diferentes canles que permitan unha comunicación en fervenza.
- Formar ao teu equipo: facilita o coñecemento e desenvolve as capacidades necesarias no teu equipo.
Que ferramentas TIC podes utilizar para comunicar ao teu equipo?
- Mensaxería instantánea: Slack, Rocket.chat o Skype.
- Webinars: YouTube Studio, GotoWebinar o ClickMeeting.
- Newsletters ou intranets: Mailchimp, Mailrelay o Yammer.
- Podasts: Audacity, GarageBand o Anchor.
Por suposto o resto de comunicación a través do teléfono e do e-mail segue activa!