
31 Mar O marketing dixital, clave para esquivar os momentos flutuantes
Nestes momentos de incertidume debido á situación xerada polo COVID-19 son moitas as preguntas que as empresas se fan agora; unha delas é como actúo coa miña estratexia de marketing de ante o escenario actual? O primeiro que quizais che pase pola cabeza é optar polo silencio. Se é o teu caso, desbota xa esa idea, nesta conxuntura é cando a estratexia de marketing cobra o seu verdadeiro sentido.
Debes revisar ben todo e adaptar o teu rumbo de navegación. Probablemente non é o mellor momento para as campañas de venda, pero o que está claro é que a xente está vendo máis Internet que nunca; así que esta é a túa oportunidade para que te coñezan. En definitiva, está prohibido desaparecer do mundo dixital!
Debes conectar emocionalmente coa túa audiencia, co teu público. O xeito para facelo é poñer no centro @s teus usuari@s, compartir todo aquilo que nos une e aportarlles verdadeiro valor. Un aspecto importante é que traballes a escala de valores da túa marca porque, nunha circunstancia como a actual, o que se busca son empresas que sexan máis humanas. Polo tanto, podes aproveitar a situación para compartir links, ofrecer consellos ou difundir vídeos de curta duración. Se actúas deste xeito construirás novas relacións e lograrás a fidelización da xente. En definitiva, centrando a túa comunicación e as campañas nas necesidades dos usuarios estarás aplicando a estratexia do inbound marketing.
Tes máis claro como facelo? De tódolos xeitos, o programa Re-acciona incluirá, proximamente, o servizo Deseño dunha estratexia de marketing de contidos para a peme co que poderás establecer unha pauta para atraer, captar e flidelizar ós tus clientes. Todo isto grazas á axuda dos contidos dixitais. Cando remate a situación excepcional que vivimos, o mundo dixital sairá moi reforzado. As redes sociais e o comercio electrónico xa estaban presentes, pero a pandemia do coronavirus suporá o impulso definitivo da dixitalización. Non te quedes fóra.