fbpx

A túa empresa, permíteche traballar na casa como na oficina?

A túa empresa, permíteche traballar na casa como na oficina?

O teletraballo é xa unha nova realidade. Esta solución, adoptada para frear a propagación do Covid-19, obriga a tomar medidas que, en moitos casos, para algunhas empresas son pioneiras no seu día a día. Tanto é así que España aínda está lonxe da media europea en teletraballo e moi por baixo de países como Finlandia, Luxemburgo ou Países Baixos, onde os índices de traballo a distancia rondan o 15% das persoas ocupadas.

Neste contexto, e para que as persoas poidan realizar o teletraballo, imponse a necesidade de que as as empresas adapten o seu traballo en remoto, fóra da oficina habitual. Esta realidade, necesaria máis que nunca, obriga ó tecido empresarial a afondar na súa dixitalización. Precisamente, a nova convocatoria de Re-acciona inclúe ata 4 servizos servizos diferentes que che levarán a avanzar neste camiño.

Un deles é o de Definición dunha estratexia dixital da empresaque che permite valorar unha serie de accións meditadas e encamiñadas a un fin concreto: desempeñar as túas tarefas laborais dende o teu domicilio. É dicir, antes de poñer en marcha o teletraballo é imprescindible contar cunha estratexia, definir o xeito no que vas actuar.

Polo tanto, con este servizo vas facer unha análise do teu negocio, avanzarás na detección de oportunidades dixitais e no desenvolvemento dunha planificación do cambio que precisas.

Este servizo inclúe varias accións; entre elas, unha avaliación da madurez tecnolóxica que ten a túa empresa. Por outra parte, realizarase unha clasificación do teu negocio en función do teu nivel de dixitalización actual. Ademais, vaise deseñar unha estratexia dixital e tamén a folla de ruta para que avances na túa dixitalización.

As accións do servizo Definición dunha estratexia dixital da empresa van máis alá. Poderás identificar posibilidades tecnolóxicas concretas así como establecer ferramentas dixitais que se adapten ás túas necesidades e obxectivos.

Un aspecto moi destacado é quen durante a implantación de todas estas solucións, a túa empresa estará acompañada polo axente colaborador de Re-acciona.

Que beneficios obterá a túa empresa? Son varios, pero cómpre destacar o feito de que adquirirás novas habilidades que che van permitir o aproveitamento de oportunidades. Por outra parte, lograrás un aforro dos teus custes, aumentarás a túa rapidez de resposta e, sobre todo, a túa empresa estará plenamente adaptada ó mercado.

Logo de definir esta estratexia, poderás avanzar na implantación do teletraballo con outro dos servizos de Re-acciona: Apoio na adopción de solucións de xestión empresarial en mobilidade. 

O mundo dixital avanza cada vez con máis forza, queres que a túa empresa evolucione da súa man? Non agardes máis e consulta os detalles de Definición dunha estratexia dixital da empresa, paso previo para a implantación do teletraballo.