fbpx

Leva un control triunfante dos gastos do teu negocio con Re-acciona

Leva un control triunfante dos gastos do teu negocio con Re-acciona

A correcta xestión financeira é o aspecto fundamental para o éxito das pequenas e medianas empresas. Esa maneira de facer as cousas permite crear un plan eficiente para administrar as contas, manter os pagos ó día e levar un control axeitado de tódolos gastos e ingresos do teu negocio.

Neste sentido, o novo programa Re-acciona inclúe o servizo Mellora da xestión financeira e procura de financiamento, co que recibirás asesoramento no ámbito financiero e de xestión da tesourería da túa empresa.  Que che vai permitir? Entre outros aspectos, tomar decisións de xeito eficiente e lograr un desenvolvemento técnico do teu persoal directivo, así como doutros mandos.

O servizo Mellora da xestión financeira e procura de financiamento permitirá identificar a situación financeira na que te atopas para, posteriormente, definir a túa marxe de mellora.  A partir de ahí, co servizo implantarás unha metodoloxía concreta de análise e desenvolverás accións concretas. Algunhas delas son a contabilidade analítica, as auditorías internas para a mellora da xestión ou a xestión da solvencia e do endebedamento.

Un aspecto moi importante é que todo isto irá acompañado da preparación do teu equipo administrativo e financiero, para que, deste xeito, as novas prácticas poidan ter unha continuidade no futuro.

Queres que a túa empresa estea á altura dos teus competidores? Re-acciona axúdache a logralo! Máis detalles, aquí.