
03 Mar A túa empresa, sabe enfrontarse ós competidores?
É unha realidade: a sociedade e o contexto actual impoñen ás empresas retos cada vez maiores. Por iso, cómpre ter a o talento e as aptitudes máis axeitadas para competir en igualdade de condicións con outras PEMES do teu sector.
Chegados a este punto, coñeces realmente a capacidade que ten a túa empresa para competir no mercado? É probable que para dar unha resposta, o máis fiable posible, precises de axuda externa que che permita ter unha fotografía real da túa situación.
Análise de potencial competitivo, un dos servizos do novo programa de Re-acciona, é a ferramenta que che vai axudar a conseguilo. Con el identificarás os factores que definen a capacidade da túa PEME para competir no mercado, concretamente, analizarás a situación da túa empresa ata en 22 factores de competitividade. Cres que son moitos? Pois son os 22 aspectos clave dunha organización!
En definitiva, coñecerás o teu nivel actual de competitivide e por outra parte, descubrirás a capacidade de adaptación ós cambios que se produzan, xa sexa no teu sector ou na túa contorna.
Co servizo Anlálise de potencial competitivo disporás dunha folla de ruta e conseguirás implantar varias accións de mellora. Como se fai? Mediante a aplicación da denominada Metodoloxía da Matriz T-H, que posiciona o grao de desenvolvemento competitivo da PEME en base a dúas variables: tecnoloxías (T) e persoas (H).
Para iso, o servizo inclúe a realización dun cuestionario que recolle a totalidade dos aspectos dunha empresa, agrupados en 22 factores de competitividade. Entre outros aspectos, permite medir o grao de avance na implantación de normas, procedementos, software…Por outra parte, analiza o nivel de uso do talento nas persoas; dende a súa formación e motivación, ata os propios equipos.
A peculiaridade do servizo Análise de potencial competitivo é que emprega a o software PLAAM, a única plataforma do mercado que conxuga tódalas ferramentas necesarias para a correcta xestión, comunicación e control dunha empresa.
Queres que a túa empresa estea á altura dos teus competidores? Re-acciona axúdache a logralo! Axiña terás tódolos detalles na nosa páxina web.