
25 Feb A innovación, principal motor de crecemento para a túa empresa
Buscas mellorar a innovación da túa empresa pero non sabes por onde comezar?
O novo programa de Re-acciona inclúe un servizo que che vai axudar a conseguilo! Trátase do Asesoramento para o financiamento da innovación, un servizo adaptado ás necesidades e capacidades de financiamento da I+D+i de cada peme.
En que consiste? Pois no deseño e na implementación dunha estratexia personalizada de financiamento no ámbito da innovación, que se acometerá trala análise inicial do teu desempeño innovador. Este servizo desenvólvese do seguinte xeito:
Planificación (fase 1). Ofrécese formación ós responsables da PEME na metodoloxía e nas ferramentas a empregar.
Análise (fase 2). Neste caso, o obxectivo é coñecer o desempeño innovador da PEME e outros indicadores vinculados ó seu carácter innovador. Esta análise vaise comparar coas estatísticas oficiais.
Estratexia (fase 3). A empresa poderá deseñar a estratexia de innovación acorde a un itinerario. Esta estratexia vaise formalizar nun plan de financiamento da I+D+i.
Seguimento (fase 4). Fai referencia á implementación dos procedementos de recollida de datos necesarios para controlar a execución da estratexia.
Os beneficios que vai conseguir a túa empresa son moitos. Por unha parte, obterás unha carteira de liñas de financiamento da I+D+i ás que presentarte. Ademais, conseguirás unha metodoloxía de recollida de datos sistematizada e estructurada. Outro dos teus logros será unha base de datos de consulta para a captación de toda esa información.
Os beneficios do servizo Asesoramento para o financiamento da innovación van máis alá: disporás dunha nova estratexia de innovación aberta na túa organización e lograrás un posicionamento máis competitivo para os teus produtos innvodares!
Queres contar con este servizo? Tódolos detalles e a información ó respecto vas atopalos, moi axiña, na nosa páxina web.